Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41802

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (139/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 139/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Construcar 2009, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión.

Estimo a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Construcar 2009, S.L., polo que condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 111,80 euros polo concepto recollido no artigo 111.4 do Convenio xeral do sector da construción, correspondente ao período de xaneiro de 2009 a decembro de 2009, xa incluída en tal importe a correspondente recarga por mora.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que puider caber polos motivos recollidos no artigo 191.3 b), d) ou e) da Lei reguladora da xurisdición social, no caso de concorrer os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcar 2009, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de setembro de 2014

O secretario xudicial