Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41804

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (140/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 140/2012 por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra SEI CAS 2007, S.L.U. sobre cantidade, nos que recaeu sentenza, con data do 3 de xuño de 2014, que copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido.

Estímase a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa SEI CAS 2007, S.L.U. e, en consecuencia:

– Condénase á empresa SEI CAS 2007, S.L.U. a aboarlle á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de cento trinta e sete euros con cincuenta céntimos de euro (137,50 euros) en concepto de achega á indicada fundación, incluída recarga por demora.

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa SEI CAS 2007, S.L.U. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2014

A secretaria xudicial