Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41805

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (497/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 497/2014 por instancia de Fe Pérez Fernández contra Arca Pulpería 2012, S.L. sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 3 de xullo de 2014 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que se estima a demanda formulada por Fe Pérez Fernández fronte a Arca Pulpería 2012, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Arca Pulpería 2012, S.L. á demandante Fe Pérez Fernández.

– Condénase a empresa Arca Pulpería 2012, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.290,12 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata este momento importan 4.689,81 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 43,83 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Arca Pulpería 2012, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2014

A secretaria xudicial