Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41807

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (154/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 154/2012 por instancia de Rogelio Freire Calviño contra Grupo Empresarial Lomba, S.L., administración concursal de Grupo Lomba S.L., Acumuladores Lomba S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 16.6.2014 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Que se estima parcialmente a demanda formulada por Rogelio Freire Calviño fronte a Grupo Empresarial Lomba, S.L., Acumuladores Lomba, S.L. e o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a Acumuladores Lomba, S.L. das cantidades reclamadas.

– Condénase a empresa Grupo Empresarial Lomba, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de mil novecentos trinta e un euros con corenta e dous céntimos de euro (1.931,42 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal e ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se for o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Grupo Empresarial Lomba, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2014

O secretario xudicial