Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41801

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3038/12-VV).

M. Asunción Barrio Rúa, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3038/2012 desta sección, seguido por instancia de Jesús Suárez Pena contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Midat Cyclops, Escavaciones y Construciones Exconcasa, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que estimamos o recurso de suplicación interposto por Jesús Suárez Pena, contra a sentenza con data do 3 de outubro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 desta capital, nos presentes autos seguidos por instancia do dito recorrente, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua de Accidentes de Traballo MC Mutual, así como fronte á mercantil Escavaciones y Construciones y Excongasa, S.L., sobre continxencia de incapacidade temporal, e con revogación da devandita sentenza e estimación da demanda inicial, declaramos, en consecuencia, o carácter de accidente de traballo da continxencia da incapacidade temporal iniciada polo demanante o 22 de agosto de 2008, cos efectos e contía que regulamentariamente lle corresponda, durante o tempo que permaneza en tal situación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escavaciones y Construciones Exconcasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 17 de xullo de 2014

A secretaria xudicial