Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41688

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5263/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5263/2012(-FF-).

Xulgado de orixe/autos: demanda 1139/2011, Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Ramiro Bargiela Martínez.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), José Benito Vázquez Estévez.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Minorsa Minería Ornamental, S.A., Manuel Vaqueiro, S.L., Rocas de Porriño, S.L., administración concursal Rocas de Porriño, S.L.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), Ricardo Estrada Ibars, (…), José Luis González Cuenca.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 5263/2012 desta sección, seguido por instancia de Ramiro Bargiela Martínez contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Minorsa Minería Ornamental, S.A., Manuel Vaqueiro, S.L., Rocas de Porriño, S.L., administración concursal Rocas de Porriño, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado José B. Vázquez Estévez, actuando en nome e representación de Ramiro Bargiela Martínez, e igualmente desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, actuando en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza de data do 18 de xuño de 2012, aclarada por auto de data do 28 de xuño de 2012 e ditada nos autos 1139/2011, seguidos por instancia de Ramiro Bargiela Martínez contra as empresas Rocas de Porriño, S.L. –coa participación da súa administración concursal–, Minería Ornamental, S.L. e Manuel Vaqueiro, S.L., así como contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e confirmamos esta na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Rocas de Porriño, S.L. e Minorsa Minería Ornamental, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2014

A secretaria xudicial