Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41690

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1777/2014).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1777/2014 (-FF-).

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 973/2013, Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente: Edmundo Cea Gil.

Avogado: Óscar Luna Vergara.

Procurador: Juan Pedro Perreau de Pinninck y Zalba.

Recorridos: Fogasa, Copo Ibérica, S.A., Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., Grupo Empresarial Copo, S.A. (antes Grupo Copo de Inversiones, S.A.), Copo Galicia, S.L., Dujo Copo Flex, S.A., Copo Textil Portugal, S.A., Ministerio Fiscal, Centro Tecnológico Grupo Copo, Aei Dujo Copo, S.A., Copo Industrial Poliuretano de Brasil, Asientos de Galicia, S.L., Copo Zaragoza, S.A.U.

Avogados: Alfredo Briales de Porcioles.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1777/2014 desta sección, seguido por instancia de Edmundo Cea Gil contra Copo Galicia, S.L., Copo Zaragoza, S.A.U., Asientos de Galicia, S.A., Copo Textil Portugal, S.A., Grupo Empresarial Copo, S.A. e outros, Fogasa, Ministerio Fiscal sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Óscar Luna Vergara, actuando en nome e representación de Edmundo Cea Gil, contra a sentenza de data cinco de febreiro de dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en autos 973/2013, seguidos por instancia do recorrente contra as empresas Grupo Empresarial Copo, S.A., Copo Ibérica, S.A, Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., Centro Tecnológico Grupo Copo, S.L., Asientos de Galicia, S.A., Copo Galicia, S.L., Copo Textil Portugal, S.A., AEI Dujo Copo, S.A., Copo Industrial Poliuretano de Brasil, ltda., AEI Dujo Copo Flex, S.A., Copo Zaragoza, S.A.U., sendo parte o Fogasa e o Ministerio Fiscal, sobre despedimento, polo que debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Copo Textil Portugal, S.A., AEI Dujo Copo, S.A., Copo Industrial Poliuretano de Brasil e Dujo Copo Flex, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de xullo de 2014

A secretaria xudicial