Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41692

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo

EDICTO (174/2013).

Sentenza (174/2013).

Xuíza que a dita: Yolanda Rodríguez Sánchez.

Lugar: Vigo.

Data: vinte e catro de outubro de dous mil trece.

Demandante: Ángel Manuel Winer Malleiro.

Avogado: Luis Gonzaca de A Calle Vergara.

Procuradora: Mónica Vidal Fernández.

Demandado: Dimitri Huk Nikolaeivich.

Procedemento: xuízo verbal 160/2013.

«Decisión

Admítese a demanda presentada pola procuradora Mónica Vidal Fernández, en nome e representación de Ángel Manuel Winer Malleiro, contra Dimitri Huk NIkolaeivich.

Condénase a parte demandada ao aboamento da suma de 4.000 euros máis os xuros legais desde o día 31 de maio de 2010 e os previstos no artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución.

Impóñense as custas á parte demandada.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, levándose o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído na conta de depósitos e consignacións deste órgano un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 2745.0000.03.0160.13, poñendo no campo “concepto” a indicación “recurso”, seguida do código “02 Civil-apelación“.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso”, seguida do código “02 Civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación, neste caso, no campo observacións da data da resolución contra a que se recorre co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

A maxistrada xuíza