Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (313/2014).

María de los Ángeles López Carballo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 313/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Gudín Graña contra Callidora Aesthetic, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Estimo a demanda presentada por Mónica Gudín Graña, defendida polo letrado Sr. Casas San José, contra Callidora Aesthetic, S.L., que non compareceu malia a súa citación en legal forma e, en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento con data de efectos do 11 de xaneiro de 2014.

Condeno a demandada a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación da presente resolución opte, comunicándollo a este xulgado, ben pola readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 11 de xaneiro de 2014 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 39,40 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 5.155,55 euros.

Condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 591 euros por falta de aviso previo.

As cantidades anteriores serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que correspondan.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que deberá resolver a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en forma a Callidora Aesthetic, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 1 de setembro de 2014

A secretaria xudicial