Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41687

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4275/2008).

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4275/2008 acordouse expedir o presente edicto co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo en data 16 de xuño de 2014.

«Decidimos: 1) Procede o recurso de casación interposto en representación da entidade Bacoriño, S.L., José Luis Vázquez Aldrey e Albino Vázquez Rodríguez contra a sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 27 de outubro de 2011 (recurso contencioso-administrativo 4275/2008), que queda agora anulada e sen efecto. 2) Estimando en parte o recurso contencioso-administrativo interposto pola entidade Bacoriño, S.L., José Luis Vázquez Aldrey, Albino Vázquez Rodríguez, Albino Vázquez Aldrey contra as ordes da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 3 de outubro de 2007 e 1 de setembro de 2008, sobre aprobación definitiva de forma parcial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Santiago de Compostela, declárase a nulidade do referido plan xeral en canto á clasificación dos terreos dos recorrentes como solo rústico de protección ordinaria (ordenanza 15), e desestímanse as demais pretensións dos demandantes. 3) Non facemos imposición das custas derivadas do recurso de casación nin das causadas no proceso de instancia. 4) Notifíqueselles esta sentenza ás partes, informándoas de que contra ela non cabe ningún recurso, e indíquese á sala de instancia que a decisión deberá publicarse no boletín oficial en que se publicou no seu día o instrumento de ordenación que agora se declara nulo en parte. Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

A Coruña, 1 de setembro de 2014

Inmaculada Pérez Arrojo
Secretaria