Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35794

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (908/2012).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente,

Anuncio.

Neste procedemento, seguido por instancia de Neuwalme Store, S.L. fronte a Rouco e Hijos, S.L. e Talleres Rouco, S.L., ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza:

Xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: trinta de xullo de dous mil trece.

Demandante: Neuwalme Store, S.L.

Avogado: Javier Expósito Seoane.

Procuradora: Purificación Rodríguez González.

Demandado: Rouco e Hijos, S.L., Talleres Rouco, S.L.

Procedemento: procedemento ordinario 908/2012-S.

Decido.

Estimando integramente a demanda interposta por Neuwalme Store, S.L. fronte a Rouco e Hijos e Talleres Rouco, debo condenar e condeno a Rouco e Hijos a aboarlle á parte demandante a cantidade de 14.894,71 euros, e condeno a Talleres Rouco ao pagamento en forma solidaria de 7.943,20 euros da condena total da anterior codemandada, todo iso máis os xuros legais, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano un depósito de 50 euros na conta xudicial 3641 0000 04 090812 (banco Santander).

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(Segue sinatura da maxistrada xuíza)

E encontrándose a dita demandada, Rouco e Hijos, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 21 de maio de 2014

O secretario xudicial