Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35796

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (87/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 87/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Vilela Montes contra a empresa Argentina Villar Amarelle, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto e condeno a demandada Argentina Villar Amarelle a que abone á demandante a cantidade de 12.550,2 euros en concepto de indemnización ou, no caso de optar pola readmisión da demandante, ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data de despedimento e a presente resolución cuantificados a razón de 31,2 euros diarios.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así por min esta sentenza que pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Argentina Villar Amarella, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xullo de 2014

A secretaria xudicial