Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35797

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO(981/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 981/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Taín Gómez contra Paorga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Alberto Taín Gómez contra Paorga S.L., debo declarar e declaro a procedencia da extinción do contrato de traballo do demandante con data de efectos do 16 de setembro de 2013, cos efectos legais inherentes, declarando que a indemnización que lle corresponde percibir ao demandante pola devandita extinción do contrato de traballo ascende a 11.468,62 euros en lugar da indicada na comunicación extintiva, e, en consecuencia, condeno á mercantil demandada a estar e pasar pola devandita declaración e a que lle aboe ao demandante a indemnización de 11.468,62 euros; e así mesmo debo condenar e condeno á mercantil Paorga, S.L. a que lle aboe ao demandante a suma de 2.646 euros en concepto de complemento de penosidade, perigosidade e toxicidade correspondente á anualidade anterior ao despedimento.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados dende o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2014

O secretario xudicial