Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35792

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (552/2014).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 552/2014 desta sección, seguido a instancia de Julio Fernández Díaz contra Fogasa, Protección y Seguridad Técnica, S.A., Esabe Vigilancia, S.A. e o Concello da Coruña, sobre resolución contrato, ditouse o 28.7.2014 a seguinte resolución:

O anterior escrito presentado o 24.7.2014 subscrito pola letrada Natalia Erviti Álvarez, en nome e representación de Julio Fernández Díaz, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Esabe Vigilancia, S.A. por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia.

Conforme ao pedido no escrito presentado, remítase comunicación ao Tribunal Superior de Xustiza de Valencia e ao Tribunal Superior de Xustiza das Illes Balears co fin de que se remitan testemuño das sentenzas de contraste invocadas.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 da Coruña que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente.

A Coruña, 28 de xullo de 2014

A secretaria xudicial