Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO. 308/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 308/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Nimo Costa contra a empresa Transportes Arrive IS S-20, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de xullo de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos nº 308/2012 seguidos por instancia de José Nimo Costa, asistido polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Transportes Arrive IS S20, S.L., que non comparece, con intervención do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Nimo Costa contra Transportes Arrive IS S20 S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 3.940,94 euros en concepto de salarios, que se incrementará co xuro moratorio establecido no art. 29.3 ET, e 2.517,12 euros en concepto de axudas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguranza social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229. 1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, e demostralo presentando o comprobante do ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Arrive IS S-20, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2014

A secretaria xudicial