Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35616

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui

EDICTO (2/2014).

María del Mar Santa Cruz Mojón, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Beatriz Rodríguez Rodríguez fronte a Sergio Dasilva Pereira ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 83/2014.

Tui o 22 de xullo de 2014.

Vistos por min, Marcos Amboage López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, os presentes autos de disolución de matrimonio por divorcio seguidos por instancia de:

– Beatriz Rodríguez Rodríguez representada polo procurador/a Señoráns Arca e asistida polo letrado/a José Ramón Magán Rivera, fronte a:

– Sergio Dasilva Pereira, en rebeldía procesual.

Polo Ministerio Fiscal: Juan Pablo Martínez Fernández.

Resolución.

Estimo a demanda presentada polo procurador Señoráns Arca, en nome e representación de Beatriz Rodríguez Rodríguez, respecto de Sergio Dasilva Pereira, e declaro o divorcio do matrimonio formado polos referidos cónxuxes con todos os efectos legais inherentes a esta declaración.

O xuíz».

E encontrándose o devandito demandado, Sergio Dasilva Pereira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 28 de xullo de 2014

A secretaria xudicial