Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35614

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (559/2013).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 559/13, seguido por instancia de Nutrigal Sociedad Aragonesa de Molinería, S.L. fronte a Balaídos Boutique del Pan, S.L. e Enrique Acuña Rodríguez, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Vigo, 11 de xullo de 2014.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 559/2013 se seguen por instancia de Nutrigal, Sociedad Aragonesa de Molinería, S.L., representada pola procuradora Carina Zubeldia Blein e dirixida pola letrada Miriam Rello Solano, contra Enrique Acuña Rodríguez e Balaídos Boutique del Pan, S.L., declarados en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

Fallo

Estimo totalmente a demanda interposta por Nutrigal Sociedad Aragonesa de Molinería, S.L., contra Enrique Acuña Rodríguez e Balaídos Boutique del Pan, S.L., facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Enrique Acuña Rodríguez e a Balaídos Boutique del Pan, S.L. a aboarlle a Nutrigal, Sociedad Aragonesa de Molinería, S.L., con carácter solidario, a cantidade de 11.812,96 euros, a cal reportará, contando desde a data de interposición da demanda, unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, incrementado en dous puntos, contados desde a data da presente sentenza.

2º. Condeno a Enrique Acuña Rodríguez e a Balaídos Boutique del Pan, S.L. a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose os ditos demandados, Balaídos Boutique del Pan, S.L. e Enrique Acuña Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente a fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 16 de xullo de 2014

O secretario xudicial