Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1227/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1227/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fidel Rodríguez Rama contra Construcciones y Obras José Antonio, S.L., Bajocota, S.L.U. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda contra a empresa Bajocota, S.L. e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto, condenando a empresa á readmisión do traballador con aboamento dos salarios deixados de percibir a razón de 72,46 euros diarios ou ao aboamento dunha indemnización por despedimento improcedente de 17.535,3 euros. Así mesmo, debo absolver e absolvo o resto dos codemandados de todos os pedimentos realizados na súa contra, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Bajocota, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xullo de 2014

A secretaria xudicial