Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (427/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 427/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Antonio Romay Cespón contra Restaura Galicia, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Decido que estimo integramente a demanda interposta por Ramón Antonio Romay Cespón fronte á mercantil Restaura Galicia, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia:

1. Declaro extinguida a relación laboral existente entre Ramón Antonio Romay Cespón e a mercantil Restaura Galicia, S.L. a día de hoxe (22.7.2014), e condeno a mercantil demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 34.995,07 euros en concepto de indemnización.

2. Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 4.083,42 euros en concepto de salarios de xaneiro, febreiro e marzo de 2014, máis o 10 % desta última cantidade por demora no pagamento desta, e condeno a mercantil demandada ao seu pagamento.

3. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2014

A secretaria xudicial