Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1389/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1389/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mercedes Fernández Duro contra a empresa Deutschland Limpiezas Generales, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de xullo de 2014

Miguel Herrero Liaño, xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1389/2013 aos cales se acumularon os seguidos neste mesmo xulgado do Social número 2 da Coruña con número 717/2014 sendo parte neles, dun lado, como demandante, María Mercedes Fernández Duro, asistida pola letrada Sra. Vázquez Méndez, e doutro, como demandada, a empresa Deutschland Limpiezas Generales, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que no comparece, sobre resolución de contrato e despedimento, pronunciouse en nome de S.M. o rei, a seguinte sentenza:

Decido que se estiman as demandas interpostas por María Mercedes Fernández Duro fronte á empresa Deutschland Limpiezas Generales, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e, en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento da parte demandante con efectos desde o 25 de febreiro de 2014.

2. Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato que une a demandante coa empresa demandada.

3. Condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 8.178,53 euros en concepto de indemnización, e de 4.935,13 euros en concepto de salarios.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado con anuncio de recurso.

En todo caso, el recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Deutschland Limpiezas Generales, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2014

A secretaria xudicial