Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35464

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (26/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña, face saber que no procedemento ordinario 26/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Control y Montajes Industriales CYMI, S.A. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pedro Manuel Durán García, Tractebel Gas Engineering GMBH, Fogasa sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Decido que estimo a acción exercida por Control y Montajes Industriales, S.A. fronte a Pedro Manuel Durán García fronte ao INSS, TXSS e a empresa Tractebel Gas Engineering GMBH, deixando sen efecto, no que atinxe á demandante, a resolución impugnada en materia de recarga de prestacións.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, que deberá ser anunciado perante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, que celebrou audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tractebel Gas Engineering GMBH, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2014

A secretaria xudicial