Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35460

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 560/2011 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 560/2011 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 20/2010 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Manuel Eugenio Díaz Lago.

Avogado: José Luis Feijoo Borrego.

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro.

Recorridos: Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija, José Manuel Fouces Diaz.

Avogados: Ramiro J. Andrés González, José Manuel González-Novo Martínez, Beatriz Goicoechea Fábregas, Juan Miguel Griño Pascual de Bonanza, José Antonio Fernández Fernández.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 560/2011 desta sección, seguido por instancia de Manuel Eugenio Diaz Lago contra Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija, José Manuel Fouces Díaz, José Luis Rocha Portela sobre outros dereitos de Seguridade Social, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución:

Decidimos que estimamos en parte o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola representación de Manuel Eugenio Díaz Lago contra a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14 de xuño de 2013, que casamos e anulamos no único punto relativo ao cálculo dos xuros que sobre as indemnizacións fixadas na sentenza de instancia e na impugnada deben aboar as compañías aseguradoras condenadas nunha e noutra resolución, Groupama Plus Ultra Seguros y Reaseguros, S.A. e Mussat, Mutua de Seguros a Prima Fija, xuros que se calcularán da seguinte forma: desde a data da notificación da sentenza de instancia, o xuro anual da cantidade alí fixada como indemnización de danos e perdas de 19.655,57 euros será o equivalente ao legal do diñeiro máis o 50 por 100, tipo de xuro que pasará a ser do 20 por 100 anual a partir dos dous anos daquela notificación. En canto aos 10.000 euros en que a sentenza impugnada amplía a indemnización dos danos e perdas fixados na instancia, o xuro anual que se fixa a cargo das dúas compañías aseguradoras condenadas é tamén o legal do diñeiro máis un 50 %, ao non se teren cumprido dous anos desde o momento en que se fixou esa responsabilidade no aboamento da indemnización. Sen custas.

Devólvanse as actuacións ao órgano xurisdicional correspondente, coa certificación e comunicación desta resolución.

Así por esta a nosa sentenza, que se inserirá na colección lexislativa, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Norsema, S.L., con ultimo domicilio coñecido en Pontevedra e na actualidade en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2014

A secretaria xudicial