Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35458

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5076/2012-PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5076/2012-PM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 153/2011. Xulgado do Social número 2 de Lugo.

Recorrente: Fogasa.

Avogado/a: avogado do Estado.

Recorrido/s: Ferlosa, S.L., Vicente Álvarez Díaz, Víctor Sánchez López, administración concursal de Ferlosa, S.L.

Avogados: María Teresa Souto Neira e José Benito López Ferreiro.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5076/2012 desta sección, seguidos por instancia de Fogasa contra a empresa Ferlosa, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que con estimación do recurso que foi interposto polo Fondo de Garantía Salarial, revogamos en parte a sentenza que con data do 8.5.2012 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 dos de Lugo, e desestimamos a pretensión de Vicente Álvarez Díaz contra o Fondo en canto á reclamación de diferenzas por indemnización reclamadas, mantendo o resto de pronunciamentos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolos e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferlosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial