Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35456

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de diversos postos de persoal sanitario diplomado (coordinadores de servizo de Atención Primaria).

Convocada pola Resolución do 26 de maio de 2014 (DOG núm. 116, do 19 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador de servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuidas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal sanitario diplomado (coordinadores de servizo de Atención Primaria), anunciado pola Resolución do 26 de maio de 2014 (DOG núm. 116, do 19 de xuño).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 10 de xullo de 2014

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: coordinador de servizo de Atención Primaria de Sárdoma.

Nome e apelidos: María Begoña Polo Infante.

DNI: 12732264-Q.

Posto de traballo: coordinador de servizo de Atención Primaria de Rosalía de Castro.

Nome e apelidos: María Isabel Hervada Ventín.

DNI: 36005258-T.