Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34939

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (394/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 394/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Barreiro Antonio contra Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danu, S.L. e Papeles y Tintas, S.L., ditouse a seguinte resolución:

Decido que estimo integramente a demanda interposta por Enrique Barreiro Antonio fronte ás mercantís Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danan, S.L., Papeles y Tintas, S.L. e, en consecuencia, condeno solidariamente as mercantís Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danan, S.L., Papeles y Tintas, S.L. a que aboen ao demandante a cantidade de 18.911,86 euros, de concepto de 40 % de indemnización por despedimento obxectivo (11.580,48 euros) e en concepto de salarios pendentes (7.331,38 euros), co incremento de xuros de demora do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais e co incremento de xuros do artigo 1.108 do CC calculados desde a data do despedimento respecto das cantidades indemnizatorias.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina, Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grafinova, S.A., Vedoira, S.L., Editorial Danu, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2014

A secretaria xudicial