Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34937

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (583/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 583/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pérez Suárez contra Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María del Carmen Guillín Rey, María Abel Tarrío Fernández e Marcial García, S.L., Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

Que rectifico o erro de transcrición que conteñen a decisión da sentenza, o cal debe quedar redactado do seguinte xeito:

Que estimo integramente as demandas interpostas por José Pérez Suárez fronte a Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Marcial García, S.L., María del Carmen Guillín Rey e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

1. Declaro extinguida a relación laboral existente entre José Pérez Suárez e os demandados a día de hoxe (8.7.2014) e declaro improcedente o despedimento do demandante levado a cabo con efectos do 10.9.2012, condenando solidariamente a Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especialles Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Marcíal García, S.L. e María del Carmen Gullín Rey a aboar ao demandante a cantidade de 26.396,10 euros en concepto de indemnización.

2. Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 5.701,58 euros polos conceptos de paga extra decembro 2012, salarios de maio e xuño de 2012, liquidación de vacacións, atrasos e parte proporcional da paga extra de xullo 2012 e paga extra de Nadal 2012, condenando solidariamente a Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Marcial García, S.L. e María del Carmen Guillín Rey a aboar a devandita cantidade incrementada co 10 % de xuros de demora ex artigo 29.3 da LRJS.

3. Non ten lugar condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que se poderá interpoñer contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María del Carmen Guillín Rey, María Abel Tarrío Fernández e Marcial García, S.L., Fondo de Garantía Salarial, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

A secretaria xudicial