Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (152/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 152/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Mella Montouto contra Bosquexo Solucións Integrais na Construción, S.L., ditouse a seguinte resolución:

Decido que estimo integramente a demanda interposta por Lucía Mella Montouto fronte á mercantil Bosquexo Solucións Integrais na Construción, S.L., a administración concursal (Pablo Fraga Varela) e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.743,58 euros en concepto de salarios de 17 primeiros días de xaneiro de 2012, salarios do 1 ao 28 de marzo de 2012, vacacións non desfrutadas, parte proporcional de pagas extras, indemnización fin de primeiro contrato (1.159,73 euros) e indemnización fin de segundo contrato (182,53 euros), cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de demora do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais e cos xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento, respecto das indemnizacións, e condeno a Pablo Fraga Varela a estar e pasar por esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bosquexo Solucións Integrais na Construción, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncwios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2014

A secretaria xudicial