Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34942

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (291/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 291/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rodríguez Otero contra Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Que estimo integramente a demanda interposta por Manuel Rodríguez Otero fronte á mercantil Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., a administración concursal (Pablo Fraga Varela) e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a cantidade de 8.625,44 euros en concepto de salarios de setembro a decembro de 2012 e salarios de xaneiro e 19 días de febreiro de 2013, paga ordinaria de decembro de 2012 e parte proporcional paga extraordinaria de xullo de 2013, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de demora do artigo 29.3 do ET, e condeno a Pablo Fraga Varela a estar e pasar por esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2014

A secretaria xudicial