Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33917

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (170/2013).

Carlota Fernández Ambrós, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo ordinario tramitado por este xulgado baixo o número 170/2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva e decisión dispoñen o seguinte:

«Sentenza: A Coruña, 27 de xaneiro de 2014. Vistos por Mª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo ordinario número 170/2013, seguidos en virtude de demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Camba Méndez, en nome e representación da entidade Santander Consumer Iber Rent, S.A., baixo a dirección letrada de Gonzalo Durán Rodríguez-Hervada, fronte á entidade Gestico Luan, S.L., Emilio Ángel Rodríguez Claro e Francisco Javier Rodríguez Claro, en situación procesual de rebeldía,

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Camba Méndez, en nome e representación da entidade Santander Consumer Iber Rent, S.A., fronte á entidade Gestico Luan, S.L., Emilio Ángel Rodríguez Claro e Francisco Javier Rodríguez Claro, en situación procesual de rebeldía, e, na súa consecuencia, debo declarar e declaro extinguido o contrato de arrendamento a longo prazo de automóbiles subscrito entre as partes litigantes en data 15 de febreiro de 2012, recoñecendo a demandante o seu dereito de dominio sobre o vehículo obxecto do contrato litixioso, Ford Fiesta 5 P 1.4 TDCI, matrícula 1185-HJK. Debo condenar e condeno a entidade Gestico Luan, S.L. a restituír a demandante na posesión material do vehículo arrendado, e corren por conta da demandada os gastos que ocasionar a súa entrega e posterior traslado. Debo condenar e condeno os demandados ao pagamento das seguintes cantidades: 1.291,20 euros en concepto de cantidade impagada, incrementada cos xuros moratorios calculados ao 2 % ata o seu efectivo pagamento; 6.068,65 euros en concepto de penalización; 860,80 euros por cada mes ou fracción que transcorra desde a presentación da demanda reitora do presente procedemento ata a efectiva entrega do vehículo arrendado. Todo iso con imposición aos demandados das custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de apelación ante este tribunal dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.1 e 2 da LAC, en redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). Así mesmo, deberá acreditar ter consignado o depósito de 50 euros na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado, conforme establece a disposición adicional décimo quinta da L.O. 1/2009, do 3 de novembro, pola que se modifica a L.O. 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

E para que conste e a súa notificación na forma prevista no artigo 497 da LAC aos demandados Gestico Luan, S.L., Emilio Ángel Rodríguez Claro e Francisco Javier Rodríguez Claro, cuxos actuais domicilios resultan ser descoñecidos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2014

A secretaria xudicial