Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33916

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (250/2012).

María Elena Monzón Cuesta, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 250/2012 F, seguido por instancia de Santander Consumer, E.F.C., S. A. fronte a Randond Prost Méndez, ditouse sentenza o 6 de xuño de 2014, contra a que cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, que se contará a partir do día seguinte ao da notificación.

E atopándose o citado demandado, Randond Prost Méndez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a el.

A Coruña, 9 de xuño de 2014

A secretaria xudicial