Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33914

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (49/2014).

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que na peza civil número 49/2014, dimanante da peza de xuízo verbal número 9087/10, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cangas, recaeu auto do teor literal seguinte:

«Maxistrados

Francisco Javier Valdés Garrido

María Begoña Rodríguez González

Jacinto José Pérez Benítez

Auto número 73

En Pontevedra a un de abril de dous mil catorce.

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos

A sala acorda

Estímase o recurso de apelación e revógase o auto de instancia impugnado, e, en consecuencia, desestímase a impugnación da liquidación de xuros presentada pola parte executante, aprobando esta por considerala correcta; todo iso con expresa imposición das custas procesuais do incidente de liquidación de xuros á executada Montserrat Pousada Fernández, e sen facer especial imposición das correspondentes á presente alzada.

Fágase devolución á executante recorrente do depósito constituído para poder recorrer en apelación.

Así o acordan mandan e asinan os maxistrados indicados na marxe. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito en caso necesario, para que así conste e para remitir ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Gerardo Teijo Varela, expido e asino o presente testemuño.

Pontevedra, 13 de xuño de 2014

María Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial