Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33912

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (614/2012).

Ana Belén Jorge Rogel, secretaria da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá recaeu sentenza o 30 de decembro de 2013, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor seguinte:

Audiencia Provincial, Sección número 5.

A Coruña.

Sentenza 393/2013.

Peza 614/2012.

Procedemento de orixe: xuízo ordinario núm. 622/2011.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol.

Deliberación o día 2 de outubro de 2013.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

Sentenza nº 393/2013.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez.

Dámaso Brañas Santa María.

María José Pérez Pena.

A Coruña, 30 de decembro de 2013.

No recurso de apelación civil número 614/2012, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, en xuízo ordinario número 622/2011, sendo a contía do procedemento 21.656,92 euros, seguido entre partes, como apelante Laureano Méndez Soliño e outros, representados pola procuradora Sra. Roca Rodríguez; como apelado Roberto López García; como partes declaradas en rebeldía: Celsa Tenereiro Landeira e herdeiros de Julio Díaz Bouza, María Ángeles López González (herdeiros José E. Carneiro Pita). É relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto por Laureano Méndez Soliño e outros contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, en autos de xuízo ordinario 622/2011, con imposición das custas de alzada á parte apelante.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Celsa Tenreiro Landeira, herdeiros de María Pilar Couto Prieto, Mercedes Golpe Fernández, Teresa Golpe Fernández, José González Criado, herdeiros de Vicente Fraga Bouza, herdeiros de Julia Díaz Bouza, herdeiros de Nicacio Mejuto Tramonte, herdeiros de José Emilio Carneiro, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 17 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial