Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33910

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5941/2012-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5941/2012-CON.

Xulgado de orixe/autos: demanda 992/2011 Xulgado do Social número 2 de Lugo.

Recorrente: José María Iravedra Losada.

Avogado: Jesús Antonio Amarelo Fernández.

Procuradora: María Irene Cabrera Rodríguez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Raúl López López.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5941/2012-CON desta sala, seguido por instancia de José María Iravedra Losada contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Raúl López López sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Estimamos, na súa petición subsidiaria, o recurso de suplicación interposto por José María Iravedra Losada contra a sentenza do 3.9.2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Lugo, en proceso sobre recarga de prestacións, promovido polo recorrente contra o INSS, TXSS e Raúl López López; estimamos, por tanto, na súa petición subsidiaria a demanda interposta polo citado recorrente, establecendo a recarga das prestacións no 30 %, e condenamos os demandados a estar e pasar por tal declaración.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto, co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicacióno no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Raúl López López, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial