Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33908

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 8 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria para persoal fixo de diversas categorías do Hospital do Salnés.

De conformidade co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), e con base nos criterios reitores para mobilidade interna no ámbito de atención especializada aprobados o día 29 de decembro de 2009 na Mesa sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, aprobados pola Administración sanitaria e as organizacións sindicais con representación, modificados en 31 de xaneiro de 2014, establecidos con base no artigo 81 do Estatuto básico de empregado público (EBEP), a Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés convoca procedemento de mobilidade voluntaria interna no Hospital do Salnés, co baremo de méritos aprobado tras a negociación e acordo coa xunta de persoal do Hospital do Salnés, acadado o 8 de xullo de 2014.

Así, no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada por Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria do procedemento de mobilidade interna voluntaria nas categorías de enfermeira/o, técnico en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE) e grupo auxiliar da función administrativa para persoal fixo do Hospital do Salnés en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Segundo. A resolución coa convocatoria, os postos ofertados, o modelo de solicitude, e os criterios de baremación, así como o procedemento de participación, serán publicados nos taboleiros de anuncios do Hospital do Salnés e na intranet da área do CHOP, como Área de Xestión Integrada, na data de publicación deste anuncio no DOG.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada do Hospital do Salnés ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo que se inicia desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e ata o 15 de setembro de 2014, ambos incluídos.

Contra esta resolución e as bases do procedemento poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 8 de xullo de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés