Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33906

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de xullo de 2014 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Mediante a Orde do 25 de marzo de 2014 convocouse concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

En aplicación do disposto no artigo 7 da citada convocatoria, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, os seleccionados quedarán adscritos aos postos obtidos con data do 1 de setembro de 2014 por un período dun ano e un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interponer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o desposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Denominación da praza

Castro Rivas, Juan Ignacio

32813969F

Centro Concepción Arenal-A Coruña

Jiménez Bertolo, Mª del Carmen

76808528M

Centro Avelino Montero-Pontevedra

Rodríguez Crespo, Francisco Javier

76616750R

Complexo Hospitalario Xeral Cíes-Vigo

Otero Andión Montserrat

52471031G

Complexo Hospitalario de Ourense

Crespo Álvarez, Mª de los Milagros

34992663A

Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home-Santiago

Fernández Vázquez, Xosé Ramón

33230221M

Amtega-A Estrada

Fernández García, Juana María

32772430Y

Amtega-Betanzos

Menéndez Rocha, Juan Antonio

33310905M

Amtega-Burela

Pardiñas Fondo, Martín

78793760S

Amtega-Cee

Meijide Pedrosa, Eva Mª

34255058P

Amtega-Melide

López García, Germán José

34255418T

Amtega-Monforte de Lemos

Díaz López, Félix

76575041Z

Amtega-Santiago de Compostela

Fernández Amosa, César

36064054P

Amtega-Vigo

Vilamarín Grela, Mª del Carmén

35444263K

Amtega-Vilagarcía de Arousa

Filgueira Gomis, Juan Marcos

32690926Z

Amtega-Santiago de Compostela

Méndez Lojo, Guillermo

44806734C

Amtega-Santiago de Compostela

López Mosquera, Manuel

35446940F

Amtega-Santiago de Compostela

Uzquiano Díaz, Vanesa

33335167W

Amtega-Santiago de Compostela