Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33919

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (473/2013).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente notifícase a sentenza a Ortiz y Santiago, S.L., Carlos Álvarez Ortiz e Mónica Filloy López, atopándose estes en paradoiro descoñecido, expídese o presente a fin de que sirva de notificación en forma. Indícase que os interesados poderán dirixirse a esta oficina, na que se tramita o procedemento de referencia, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Contra a sentenza ditada cabe recurso de apelación por medio de escrito dirixido a este xulgado no prazo de vinte días desde o seguinte á súa notificación.

A Coruña, 3 de xuño de 2014

A secretaria xudicial