Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (208/2012).

Juan Rey Pita, secretario en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 208/2012 por instancia de María José García Fouz, Juan Francisco García Fernández, Manuel Cabana Freire e Manuel Allegue Piñeiro contra as empresas Bravio Gest I, S.L. e Grupo Galp Energía, S.A., sobre reclamación de cantidade, nos que recaeu sentenza o 8.7.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por María José García Fouz, Juan Francisco García Fernández, Manuel Cabana Freire e Manuel Allegue Piñeiro fronte a Bravio Gest I, S.L. e Grupo Galp Energía, S.A. e, en consecuencia, condénase ás empresas Bravio Gest I, S.L. e Grupo Galp Energía, S.A. a aboar solidariamente aos demandantes as seguintes cantidades:

• A María José García Fouz a cantidade de tres mil trinta e dous euros con noventa e cinco céntimos de euro (3.032,95 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

• A Juan Francisco García Fernández a cantidade de cinco mil oitocentos dezaseis euros con doce céntimos de euro (5.816,12 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

• A Manuel Cabana Freire a cantidade de cinco mil oitocentos dezaseis euros con doce céntimos de euro (5.816,12 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

• A Manuel Allegue Piñeiro a cantidade de cinco mil setecentos setenta e sete euros con dezaoito céntimos de euro (5.777,18 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bravio Gest I, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 15 de xullo de 2014

O secretario xudicial