Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (219/2012).

Juan Rey Pita, secretario en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 219/2012 por instancia de Roberto Marcelo Cortes contra a empresa Promociones Pena del Salnés Construcciones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos que recaeu sentenza o 7 de xullo de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Roberto Marcelo Cortes fronte a Promociones Pena del Salnés-Construcciones, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Promociones Pena do Salnés-Construcciones, S.L. a abonar á demandante a cantidade de catro mil cento corenta e cinco con vinte e dous euros (4.145,22 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Promociones Pena del Salnés Construcciones, S.L. expido e asino a presente cédula.

A Coruña, 15 de xullo de 2014

O secretario xudicial