Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (255/2013).

Procedemento ordinario 255/2013.

Sobre: ordinario.

Demandante: Nicolás Javier Delgado Cavallo.

Avogado: Xavier Castro Martínez.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 255/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nicolás Javier Delgado Cavallo contra Solvento Servicios, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Que estimo integramente a demanda interposta por Nicolás Javier Delgado Cavallo fronte á mercantil Solvento Servicios, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil Solvento Servicios, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.429,55 euros en concepto de quince días de aviso previo (77,81 euros), vacacións período contractual (1.145,16 euros), nómina de 14 días de xuño de 2012 (721,02 euros), axudas e horas extras (792,56 euros), cantidade que debe ser incrementada cos xuros de mora do artigo 29.3 do ET.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o TSJ de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Solvento Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

A secretaria xudicial