Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (386/2014).

Despedimento obxectivo individual 386/2014.

Sobre: despedimento.

Demandante: María Concepción Baluja Séndez.

Avogada: Marisol Romero Salgado.

Demandado: Central de Contratación Electrónica, S.L., Fogasa.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 386/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Concepción Baluja Séndez contra Central de Contratación Electrónica, S.L.U., se ditou a seguinte resolución:

«Estímase integramente a demanda interposta por María Concepción Baluja Séndez fronte á mercantil Central de Contratación Electrónica, S.L.U. e, en consecuencia:

1. Declaro improcedente o despedimento efectuado pola mercantil con efectos de 10.4.2014.

2. Declaro extinguida no día de hoxe (8.7.2014) a relación laboral existente entre María Concepción Baluja Séndez e a mercantil Central de Contratación Electrónica, S.L.U.

3. Condeno a empresa Central de Contratación Electrónica, S.L.U. a aboarlle á parte demandante a cantidade de 2.849,44 euros en concepto de indemnización.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da presente notificación segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Central de Contratación Electrónica, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

A secretaria xudicial