Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (583/2012).

Despedimento/cesamentos en xeral 583/2012.

Sobre: ordinario.

Demandante: José Pérez Suárez.

Demandados: Semar Aluminio, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 583/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pérez Suárez contra Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María del Carmen Guillín Rey, María Abel Tarrío Fernández y Marcial García, S.L., Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimo integramente as demandas interpostas por José Pérez Suárez fronte a Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Marcial García, S.L., María del Carmen Guillín Rey e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

1. Declaro extinguida a relación laboral existente entre José Pérez Suárez e os demandados no día de hoxe (8.7.2014) e declaro improcedente o despedimento do demandante levado a cabo con efectos do 10.9.2012, e condeno a empresa a aboarlle ao demandante a cantidade de 26.396,10 euros en concepto de indemnización.

2. Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 5.701,58 euros polos conceptos de paga extra de decembro de 2012, salarios de maio e xuño de 2012, liquidación de vacacións, atrasos e parte proporcional da paga extra de xullo 2012 e paga extra de Nadal 2012, e condeno a Moure Pan, S.L. a aboar a dita cantidade incrementada co 10 % de xuros de mora ex artigo 29.3 da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María del Carmen Guillín Rey, María Abel Tarrío Fernández e Marcial García, S.L., Fondo de Garantía Salarial, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

A secretaria xudicial