Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33927

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (172/2013).

Procedemento ordinario 172/2013.

Sobre: ordinario.

Demandante: Pablo Cajaraville Ares.

Demandados: Biogea Servicios Medioambientales, S.L., Raisin Dor, S.L., Climadaptación, S.L., Acuiperc, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 172/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Cajaraville Ares contra Biogea Servicios Medioambientales, S.L., Raisin Dor, S.L., Climadaptación, S.L., Acuiperc, S.L., Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

Que estimo integramente a demanda interposta por Pablo Cajaraville Ares fronte ás mercantís Biogea Servicios Medioambientales, Climadaptación, S.L. e Raisindor, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente as mercantís Biogea Servicios Medioambientales, Climadaptación, S.L. e Raisindor, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 17.595,84 euros en concepto de salarios de decembro de 2012 e xaneiro de 2013 (3.624,64 euros) e indemnización legal por extinción do contrato (13.971,20 euros), cantidade que debe ser incrementada cos xuros de mora do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais obxecto de condena.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Biogea Servicios Medioambientales, S.L., Raisin Dor, S.L., Climadaptación, S.L., Acuiperc, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

A secretaria xudicial