Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1295/2013).

Despedimento/cesamentos en xeral 1295/2013 F.

Demandante: Antonio Pena Eiroa

Avogado: Felipe Carlos Martínez Ramonde

Demandado: Construcciones B.L. Galicia, S.L.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1295/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Antonio Pena Eiroa contra a empresa Construcciones B.L. Galicia, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza:356/2014

Número de autos: 1295/2013

Na cidade da Coruña, nove de xullo de dous mil catorce.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Antonio Pena Eiroa, que comparece asistido do letrado Sr. Martínez Ramonde e doutra como demandado Construcciones B.L. Galicia, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Decisión

Estímase integramente a demanda formulada por Antonio Pena Eiroa fronte a Construcciones B.L. Galicia, S.L. e, en consecuencia:

1. Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que une a parte demandante coa sociedade demandada.

2. Condénase a empresa a aboarlle á parte demandante a cantidade de 26.236,19 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, así como a cantidade de 21.091,42 euros en concepto de salarios debidos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtaselle ao recorrente que fose entidade xestora e fose condenada ao aboamento dunha prestación de Seguridade Social de pagamento periódico, que ao anunciar o recurso deberá xuntar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que fose condenada ao pagamento dunha pensión de Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social logo de determinación por esta do seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

Así o acorda, manda e asina Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones B.L. Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xullo de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial