Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1180/2013).

Procedemento ordinario 1180/2013.

Demandante: José Andrés Castro Patiño.

Demandada: Cristalería A Balsa, S.L. e o Fogasa.

María Branco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou Resolución do 9 de xullo de 2014 dirixida a Cristalería A Balsa, S.L., que pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cristalería A Balsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2014

A secretaria xudicial