Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33514

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (586/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 586/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Verónica Muíño Gemiñas, Asunción Uzal López, Herminia Rey Recouso, Marta Figueira Gómez, Patricia Castro Juncal, María del Carmen Barbeito Villasenin e Silvia Veiras Quindimil contra Textil Bastian, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión

1º. Que estimando a demanda formulada por Verónica Muíño Gemiñas, Asunción Uzal López, Herminia Rey Recouso, Marta Figueira Gómez, Patricia Castro Juncal, María del Carmen Barbeito Villasenin, Silvia Veiras Quindimil contra a empresa Textil Bastian, S.L., condeno esta a aboarlles as cantidades seguintes:

Verónica Muíño Gemiñas........................ 5.141,38 euros

Asunción Uzal López.............................. 4.760,80 euros

Herminia Rey Couso............................... 5.106,64 euros

Marta Figueira Gómez............................ 4.189,39 euros

Patricia Castro Juncal............................. 4.604,44 euros

Mª Carmen Barbeito Villasenin............... 1.378,25 euros

Silvia Veiras Quindimil............................ 5.106,64 euros

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 da LRXS, inciso primeiro.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación desta resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Textil Bastian, S.L, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xullo de 2014

O secretario xudicial