Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33520

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (23/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 23/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Luis García Porto contra Paorga, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou Sentenza número 184 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de José Luis García Porto, representado polo procurador Sr. Pérez Goris e asistido pola letrada Sra. Bouzón Neira, fronte á mercantil Paorga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

(…)

Decisión:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por José Luis García Porto fronte á mercantil Paorga, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.062,21 euros en concepto de salarios de abril e dous días de maio de 2012, parte proporcional de pagas extraordinarias e parte proporcional de vacacións, cantidade que deberá ser incrementada cos xuros do artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2014

A secretaria xudicial