Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33522

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (855/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 855/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Luís Varela Filgueira contra o Fondo de Garantía Salarial, Intemaga, S.L., UTE Avico, Grupo Cobra, S.A., Proinfo, Pacsa, IPT-Grupo Comsa-Ente, administración concursal, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 387/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución contrato 855/2013, acumulado despedimento 871/2013 e 49/2014.

Demandante: Manuel Luís Varela Filgueira.

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.

Demandado:

– Intemaga, S.L.

– Administrador concursal de Intemaga, S.L.

Sr. Hernández Escobar.

– UTE Avico.

Letrada: Sra. Pequeño Fernández.

– Grupo Cobra, S.A.

– Proinfo.

– Pacsa.

– IPT-Grupo Comsa-Ente.

Fogasa.

A Coruña, 30 de xuño de 2014.

Decisión

1º. Estimo a acción sobre resolución contractual formulada por Manuel Luís Varela Filgueira fronte á empresa Intemaga, S.L. e acordo a extinción da súa relación laboral con efectos do 12.7.2013, e condeno a empresa demandada a aboarlle ao demandante a indemnización de 18.943,38 euros.

2º. Desestimo a acción de impugnación de despedimento por causa obxectiva e por despedimento tácito formulada por Manuel Luís Varela Filgueira fronte á empresa Intemaga, S.L.

3º. Estimo a acción de reclamación de cantidade formulada por Manuel Luís Varela Filgueira fronte á empresa Intemaga, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle ao primeiro a suma de 6.051,32 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos.

A empresa codemandada UTE Avico deberá responder solidariamente con Intemaga, S.L. do pagamento ao demandante de 5.088,54 euros deses 6.051,32 euros.

4º. O Fogasa e a administración concursal de Intemaga, S.L. deberán pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Intemaga, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial