Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33518

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (19/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 19/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marius Basílica Untaru contra Paorga, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou Sentenza número 186, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Marius Basílica Untaru, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, fronte á mercantil Paorga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes (...).

Decisión que estimo integramente a demanda interposta por Marius Basílica Untaru fronte á mercantil Paorga, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil Paorga, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 3.455,82 euros en concepto de paga extra de Nadal de 2011, diferenzas salariais devindicadas entre xaneiro e xuño de 2012, ambos os dous incluídos, e paga extra de verán de 2012, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Este interporase ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da presente notificación, segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2014

A secretaria xudicial