Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33348

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (185/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 185/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Lara María Vázquez Bueno contra as empresas Patentes Coruña, S.L., Castellana de Marcas y Patentes, S.L., Patentes y Marcas del Atlántico, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza 395/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 185/2014.

Demandante: Lara María Vázquez Bueno.

Letrado: Sr. Tomé Santiago.

Demandada: Patentes Coruña, S.L.

Letrado:

Demandada: Castellana de Marcas y Patentes, S.L.

Letrado:

Demandada: Patentes y Marcas del Atlántico, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Sentenza nº 395/2014.

A Coruña, 10 de xullo de 2014.

1º. Estimo a demanda sobre resolución de contrato formulada por Lara María Vázquez Bueno contra as empresas Patentes Coruña, S.L., Patentes y Marcas del Atlántico, S.L. e Castellana de Marcas y Patentes, S.L. e, en consecuencia, declaro, con data desta sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre a demandante e as empresas demandadas, por causas imputables a elas, condenándoas a que lle aboen solidariamente á primeira a cantidade de 21.712,16 euros en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidades debidas e condeno as empresas demandadas a lle pagar solidariamente á traballadora, en concepto de salarios debidos, a cantidade de 13.920,17 euros.

3º. O Fogasa deberase ater ao disposto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo do Xulgado da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Patentes Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de xullo de 2014

A secretaria xudicial