Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33350

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1112/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1112/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Pedreira Montes contra a empresa Entaban Biocombustibles de Galicia, S.L., administración concursal de Entaban Biocombustibles de Galicia, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza: 350/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 1112/2013.

Demandante: Miguel Pedreira Montes.

Letrado: Sr. Arbones Maciñeira.

Demandada: Entaban Biocombustibles de Galicia, S.L.

Letrado:

Administración concursal de Entaban Biocombustibles, que comparece na persoa da súa administradora Sra. Cortizo Mella.

Fogasa.

Letrado:

A Coruña, 10 de xullo de 2014

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre resolución de contrato formulada por Miguel Pedreira Montes contra a empresa Entaban Biocombustibles de Galicia, S.L. e, en consecuencia, declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e a empresa demandada, por causas imputables a ela, condenándoa a que lle aboe ao primeiro a cantidade de 27.381,21 euros en concepto de indemnización.

2º Estimo a acción de reclamación de cantidades debidas e condeno a empresa demandada a lle pagar ao traballador, en concepto de salarios debidos, a cantidade de 33.823,95 euros.

3º. O Fogasa e a administración concursal da empresa demandada deberanse ater ao disposto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Entaban Biocombustibles de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de xullo de 2014

A secretaria xudicial